PROGNÓSTICO TEMPO

pronostico del tiempo Cangas

martes, 29 de enero de 2013

Cantiga de amor


Se eu podesse desamar
a quen me sempre desamou,
e podess'algún mal buscar
a quen me sempre mal buscou!
Assí me vingaría eu,
     se eu podesse coita dar,
     a quen me sempre coita deu.

Mais sol non posso eu enganar
meu coraçón que m'enganou,
por quanto me fez desejar
a quen me nunca desejou.
E per esto non dormio eu,
     porque non poss'eu coita dar,
     a quen me sempre coita deu.

Mais rog'a Deus que desampar
a quen m'assí desamparou,
vel que podess'eu destorvar
a quen me sempre destorvou.
E logo dormiría eu,
     se eu podesse coita dar,
     a quen me sempre coita deu.

Vel que ousass'eu preguntar
a quen me nunca preguntou,
por que me fez en si cuidar,
pois ela nunca en min cuidou.
E por esto lazeiro eu,
     porque non poss'eu coita dar,
     a quen me sempre coita deu.