PROGNÓSTICO TEMPO

pronostico del tiempo Cangas

martes, 23 de abril de 2013

video Celso Emilio Ferreiro

Letra canción Celso Emilio Ferreiro

DEITADO FRENTE AO MAR Celso Emilio Ferreiro
 Lingoa proletaria do meu pobo,
 eu fáloa porque sí, porque me gosta, 
porque me peta e quero e dame a gaña; 
porque me sai de dentro, 
alá do fondo dunha tristura aceda que me abrangue 
ao ver tantos patufos desleigados,
 pequenos mequetrefes sin raíces 
que ao pór a garavata
 xa non saben afirmarse no amor dos devanceiros,
 falar a fala nai, a fala dos avós que temos mortos,
 e ser, co rostro erguido, 
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
 remo i arado, proa e rella sempre. 
 Eu fáloa porque sí, porque me gosta
 e quero estar cos meus,
coa xente miña, 
perto dos homes bos que sofren longo
 unha historia contada noutra lingoa.
 Non falo pra os soberbios,
 non falo pra os ruis e poderosos,
 non falo pra os finchados,
 non falo pra os baleiros,
 non falo pra os estúpidos, 
que falo pra os que agoantan rexamente 
 mentiras e inxusticias de cotío; 
pra os que súan e choran un pranto cotidián de bolboretas,
 de lume e vento sobre os ollos núos.
 Eu non podo arredar as miñas verbas 
de tódolos que sofren neste mundo. 
 E ti vives no mundo, terra miña, 
berce da miña estirpe, Galicia, 
dóce mágoa das Españas, 
deitada frente ao mar, ise camiño...

lunes, 15 de abril de 2013

CARLOS CASARES- VIDA E OBRA(LITE.GAL. 4º)


CARLOS CASARES
Carlos Casares naceu en Ourense no ano 1941 no seo dunha familia de clase media. Con tan só tres anos trasládase a Xinzo de Limia, onde seu pai exercía a profesión de mestre. Deste xeito, vivirá no rural galego a súa primeira infancia, fortemente vencellado á lingua do país,Carlos Casares será enviado ao Seminario Conciliar de Ourense onde cursará Humanidades entre os cursos 1952-53 e 1956-57. Durante estes anos vivirá unha forte represión lingüística que espertará no autor un espírito inconformista. Como consecuencia disto, Carlos abandonará o Seminario e cursará os estudos de Bacharelato por libre, o cal lle facilitará unha chea de horas de liberdade que investirá no que serán os comezos da súa creación literaria. Así, gañará un premio na capital ourensá que lle dará a posibilidade decoñecer ao intelectual galeguista Vicente Risco, 
Rematados os estudos, Casares instálase en Santiago de Compostela onde comeza a carreira de Filosofía e Letras, especializándose en Filoloxía Románica,(francés) entre os anos 1961 e 1967. Na Universidade entrará en contacto con Arcadio López-Casanova, e grazas a el coñecerá a Ramón Piñeiro, vencellándose así no núcleo da cúltura galega antifranquista.
Rematada a carreira, Carlos regresa a Xinzo para agardar a convocatoria de oposicións. Mentres tanto, solicita praza no Instituto de Ourense pero comeza traballar en Viana do Bolo, como profesor auxiliar no “Colegio Libre Asociado”. Unha vez alí entrará en conflito coa dirección do Centro ao realizar actividades que non gustaban ao Réxime. Deste xeito, será expulsado e, debido á intervención do Reitor da Universidade de Santiago de Compostela, seralle prohibido exercer a docencia en toda Galiza. Así, emigrará a Biscaia onde estará pouco tempo por causa duns problemas do Centro, alleos ao autor.
Na volta desta viaxe, coñece no tren a Kristina Berg, unha rapaza sueca que se converterá na súa muller até o fin dos seus días. Así, Carlos visitará con frecuencia Suecia, un país cunha sociedade aberta, democrática e avanzada, e alí nacerán os seus fillos, Hakan e Christian.
No 1974 convócanse oposicións, ás que Carlos se presenta e consegue praza de profesor de Lingua e Literatura Española no Instituto de Ensino Medio de Cangas do Morrazo. Pero ao pouco tempo será expedientado xunto a Méndez FerrínAlonso Montero e Francisco Rodríguez.
Un ano despois, Casares gañará o premio Galaxia, conmemorando o 25 aniversario da editorial, que o levará a ser recoñecido como unha das voces emerxentes máis renovadoras e significativas da narrativa galega. Isto, xunto aos estudos realizados sobre Otero PedrayoVicente Risco ou Curros Enríquez, levaríano a entrar na Real Academia Galega no ano 1977, sendo o membro numerario máis novo.
A pesar do seu traballo como ensaísta, Carlos Casares non esquecerá a narrativa, e seguirá publicando obras sendo moi ben acollidas polo público.

Participación política

Carlos Casares participa tamén da política galega nos anos de transición e comezos da democracia.Destaca a súa participación como independentes nas listas do PSOE e a seren membros do primeiro parlamento de Galiza no ano 1981. Nel, cómpre salientar o esforzo que ambos os dous intelectuais farían para a redacción e aprobación da Lei de Normalización Lingüística no 1983 e a creación do Consello da Cultura Galega, no mesmo ano. Mentres, a actividade política non remataba de convencer ao intelectual pasaría a centrarse de novo no traballo cultural, chegando a presidir o Consello da Cultura Galega (1996-2002), e a dirixir a editorial Galaxia (1986-2002) e a revista Grial.
Xa nos anos 90 Carlos Casares dedicarase a viaxar por medio mundo participando en múltiples congresos e encontros. Así, acudirá aos Congresos mundiais do Pen Clube en Maastrich, Toronto e Compostela, no Literarisches Kolloquium en Berlín ou dará cursos de galego en cidades como Nova York.
Carlos Casares finará o 9 de marzo do 2002 de xeito repentino debido a unha crise cardíaca.


OBRA

Revistas

Colaborou en numerosas revistas e xornais, entre eles Grial, revista da que foi director dende 1989 a 2002,

Narrativa


Ensaio

  • Manuel Curros Enríquez (1980, Galaxia).
  • Otero Pedrayo (1981, Galaxia).
  • Vicente Risco (1981, Galaxia).
  • Conversas con Ánxel Fole (1984, Galaxia).
  • Francisca Herrera Garrido (1987, Real Academia Galega).
  • Ramón Otero Pedrayo (1988, Real Academia Galega).
  • Ramón Piñeiro: unha vida por Galicia (1991Caixa Galicia. 2005, Galaxia).
  • Fermín Bouza Brey (1992, Real Academia Galega).
  • Na marxe de cada día: follas dun diario (1994, La Voz de Galicia).
  • A vida de Ánxel Fole (1996, Galaxia).
  • Guía da provincia de Pontevedra: arte, cultura e gastronomía (1996).
  • Ramón Piñeiro (1996, Xunta de Galicia).
  • Ánxel Fole: escolma de textos (1997, Real Academia Galega).
  • Hemingway en Galicia (1999, Galaxia).
  • Un país de palabras (1999, Galaxia).
  • Biografía de Don Juan de la Coba (2000, Galaxia).
  • A vida do padre Sarmiento (2001, Galaxia).
  • Conciencia de Galicia: Risco, Otero, Curros : tres biografías (2004, Galaxia).
  • Á marxe, 1992. Obra xornalística I (2005, Galaxia).
  • Á marxe, 1993. Obra xornalística II (2005, Galaxia).
  • Á marxe, 1994. Obra xornalística III (2006, Galaxia).
  • Á marxe, 1995. Obra xornalística IV (2006, Galaxia).
  • Á marxe, 1996. Obra xornalística V (2007, Galaxia).
  • Á marxe, 1997. Obra xornalística VI (2007, Galaxia).
  • Á marxe, 1998. Obra xornalística VII (2008, Galaxia).

Literatura infantil

Biógrafo e ensaísta

Como biógrafo e ensaísta legounos varios traballos sobre a vida e obra de Vicente RiscoOtero PedrayoRamón PiñeiroCurros Enríquez e o Padre Sarmiento; así como unha achega á presenza de Ernest Hemingway en Galicia e de Galicia na obra do escritor norteamericano, Hemingway en Galicia (1999).
O humor, a sinxeleza e a claridade no tratamento dos temas que afectan ó mundo de hoxe constitúen as marcas máis características do seu estilo narrativo e ensaístico.

Tradutor

Obras colectivas

  • Contos da xustiza (1991, Ir Indo).
  • Os contos da campaña (2) (1992, Xunta de Galicia).
  • O mundo desde aquí (1993, IGADI).
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996, Xerais).
  • Para ler a Vicente Risco (1997, Galaxia). Con Arturo Lezcano e Antón Risco.
  • Novos exercicios de estilo (2000, Universidade da Coruña).
  • Palabras con fondo (2001, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
  • Poetas e Narradores nas súas voces (Vol. I) (2001, Consello da Cultura Galega).
  • Galicia: nai e señora (2002, Nigra).
  • Narradio. 56 historias no ar (2003, Xerais).

Premios

Na súa honra fíxose en Vigo un instituto co seu nome: IES Carlos Casares de Vigo e adicóuselle o día das letras galegas no 2017.

jueves, 11 de abril de 2013

Texto Lorca 2 (LITE ESP 4º ESO)

La luna vino a la fragua 
 con su polisón de nardos. 
 El niño la mira mira.
 El niño la está mirando.
 En el aire conmovido 
 mueve la luna sus brazos
 y enseña, lúbrica y pura,
 sus senos de duro estaño.

 Huye luna, luna, luna. 
 Si vinieran los gitanos,
 harían con tu corazón
 collares y anillos blancos. 
 Niño déjame que baile.
 Cuando vengan los gitanos,
 te encontrarán sobre el yunque 
 con los ojillos cerrados. 

 Huye luna, luna, luna,
 que ya siento sus caballos. 
 Niño déjame, no pises, 
 mi blancor almidonado.
 El jinete se acercaba 
 tocando el tambor del llano. 
 Dentro de la fragua el niño,
 tiene los ojos cerrados.
 Por el olivar venían,
 bronce y sueño, los gitanos. 

 Las cabezas levantadas 
 y los ojos entornados.
 ¡Cómo canta la zumaya,
 ay como canta en el árbol! 
 Por el cielo va la luna 
 con el niño de la mano. 
 Dentro de la fragua lloran, 
 dando gritos, los gitanos.
 El aire la vela, vela. 
 el aire la está velando.

Video biografia de F.G. Lorca(LITE ESP. 4º ESO)

TEXTO LORCA 1(LITE ESP. 4º ESO)


Verde que te quiero verde.
Verde viento. Verdes ramas.
El barco sobre la mar
y el caballo en la montaña.
Con la sombra en la cintura
ella sueña en su baranda,
verde carne, pelo verde,
con ojos de fría plata.
Verde que te quiero verde.
Bajo la luna gitana,
las cosas le están mirando
y ella no puede mirarlas.
              *
Verde que te quiero verde.
Grandes estrellas de escarcha,
vienen con el pez de sombra
que abre el camino del alba.
La higuera frota su viento
con la lija de sus ramas,
y el monte, gato garduño,
eriza sus pitas agrias.
¿Pero quién vendrá? ¿Y por dónde...?
Ella sigue en su baranda,
verde carne, pelo verde,
soñando en la mar amarga.
              *
Compadre, quiero cambiar
mi caballo por su casa,
mi montura por su espejo,
mi cuchillo por su manta.
Compadre, vengo sangrando,
desde los montes de Cabra.
Si yo pudiera, mocito,
ese trato se cerraba.
Pero yo ya no soy yo,
ni mi casa es ya mi casa.
Compadre, quiero morir
decentemente en mi cama.
De acero, si puede ser,
con las sábanas de holanda.
¿No ves la herida que tengo
desde el pecho a la garganta?
Trescientas rosas morenas
lleva tu pechera blanca.
Tu sangre rezuma y huele
alrededor de tu faja.
Pero yo ya no soy yo,
ni mi casa es ya mi casa.
Dejadme subir al menos
hasta las altas barandas,
dejadme subir, dejadme,
hasta las verdes barandas.
Barandales de la luna
por donde retumba el agua.
              *
Ya suben los dos compadres
hacia las altas barandas.
Dejando un rastro de sangre.
Dejando un rastro de lágrimas.
Temblaban en los tejados
farolillos de hojalata.
Mil panderos de cristal,
herían la madrugada.
              *
Verde que te quiero verde,
verde viento, verdes ramas.
Los dos compadres subieron.
El largo viento, dejaba
en la boca un raro gusto
de hiel, de menta y de albahaca.
¡Compadre! ¿Dónde está, dime?
¿Dónde está mi niña amarga?
¡Cuántas veces te esperó!
¡Cuántas veces te esperara,
cara fresca, negro pelo,
en esta verde baranda!
              *
Sobre el rostro del aljibe
se mecía la gitana.
Verde carne, pelo verde,
con ojos de fría plata.
Un carámbano de luna
la sostiene sobre el agua.
La noche su puso íntima
como una pequeña plaza.
Guardias civiles borrachos,
en la puerta golpeaban.
Verde que te quiero verde.
Verde viento. Verdes ramas.
El barco sobre la mar.
Y el caballo en la montaña.

viernes, 5 de abril de 2013

Texto Medieval Milagres de Santiago

Sabede que o Apostolo glorioso ontre todo los outros apostolos de Nostro Señor que forõ a preegar por las partes do mûdo, foy el o primeiro que preegou en Galiza. Et despois que o rrey Erodes mãdou matar en Iherusalem, trouxerõ o corpo del os diçipolos por mar a Galiza, onde el fora enviado a preegar primeiramente, segundo ja oystes. Et as gentes que el cõuertera en Galiza, despois por los seus pecados perderõ a creêça de Deus, que lles el enviara que os ensinase, ata que fui cobrada êno tenpo d’este Calrros, depois que cõquereu cõ grã traballo moytas partes do mûdo, convê a saber: Ingraterra, França, Alamana, Leorena, Bretana, Bergona, Italia et toda las outras terras et çidades de mar a mar, et tiroas do poder dos mouros por la ajuda de Deus et por las suas armas et as tornou a sua creêça. Et porque era ja cãsado de grãde traballo que leuara, poso en sua voontade de folgar. Et hûa ora catando el cõtra o çeo, vio hûu camino d’estrelas que se começaua sobre lo mar de Frisa et ya por ontre Alamana et Ytalia et por ontre França et Aquita[n]ia et ya dereytamente por meogo da Gascona et por Nauara et por Espana, et ya ferir en Galiza en aquel lugar onde o corpo de Santiago jazia ascondudo; et Calrros veendo esto moytas noytes, coydou en sua voõtade que poderia seer; et jazendo de noyte, en esto coydando, apareçeulle huû caualeiro en vison tã fremoso que nõ poderia mais, et disolle:
—Meu fillo, que fazes?
Et el rrespodeu:
—Quen es tu?
Et el lle diso:
—Eu soo o apostolo Santiago, criado de Ihesucristo et fillo de Zebedeu, et yrmaão [de] Sam Johã Auãgelista, o que Nostro Señor por la sua misericordia escolleu sobre lo mar de Galilea para enviar preegar a sua creêça aos poboos, et o que Erodes mãdou degolar en Iherusalem, cujo corpo agora jaz soterrado ascondidamente en Galiza que agora he metuda en poder de mouros a desseruiço de Deus; et marauillome moyto, tu que tãtas terras et tãtas vilas liuraste do poder dos mouros, por que nõ liuraste a mina, porque che faço a saber, que asi como te Deus fezo mais poderoso ca todo los outros rrex da terra, que asi te escolle para liurares a mîa terra et o meu camino do poder dos mouros; et para darche por ende coroa de gloria perdurauele; et o camino que tu viste êno çeo das estrelas, sabe que che demostra que te deues a yr cõ moy grã poder et liurar o meu camino et a mîa terra, et a visitar et entrar aquel lugar que he en Galiza onde jaz o meu corpo; et despois que esto for feicto de toda las terras de cristiãos que ha de mar a mar, yrã alo en rromaria, et averã y de Deus perdom de sus peccados et daranlle y loores por las boas cousas et marauillas que fez et faz. Et esto se fara y senpre des lo tenpo da tua vida ata a fim do mûdo. Et agora vayte o mays çedo que poderes et eu ayudarte ey en todas las cousas; et por lo traba[l]o que y leuares gaanarche ey de Nostro Señor a gloria do Parayso; et o teu nome seera senpre loado.
 

Texto medieval Libro de Tristán

Como o home bóó rrogou a Dom Lãçalot
que lle nõ metesse mão em seu fillo
Lançarote foy a marauilla muy ledo em seu coraçõ de como rrespondera ao que lle enuyara diser Dom Tristan et de quan sisuda resposta dera ao que lle mãdara dizer por ssua carta. Todo aquel dia penssara Lançarote em Dom Tristan que nõ pensou em al. Aa noyte lle auêo que sseu camîo o leuou a casa do home bóó hu a[nte?] d’aquela noyte youuera o da Ssaya Mal Tallada et a Donzela Maldizête. (Aly soube as nouas dele. En outro dia manãa, quando quis caualgar, dissolle seu os[p]ede et rrogóó bê, como rrogara ao da Saya Mal Tallada et a Donzela Maldisête.) Et aly soubo el nouas deles. En outro dia manaa quando quis caual[gar] dissolle seu ospede et rrogoo bê assy como rrogara o da Ssaya Mal Tallada. Et Lãçarote disso que em seu fillo nõ meteria mão sse lle ante non fezesse desonrra conoçuda.
—¡Ay!, por Deus, disse o padre, el he hûu caualeyro muy menino et nõ he tã sisudo como lle sería mester, et nõ catedes uos a el, mays catade uos, se uos prouguer, ao uosso bóó ssem et ao meu rrogo.
—Ora sabede por uerdade que em uosso fillo nõ meterey mão saluo se m’o cuyta nõ fas faser.
Et o ospede llo graçiu muyto. Desy comêdóó a Deus et mostroulle a carreyra para Seraloys, assy como a amostrara ao da Ssaya Mal Tallada.

Texto medieval Milagres de Santiago

Miragre de Santiago scripto por Papa Calisto
Êno ãno da Encarnaçõ de Nostro Señor, de mîll et çento et dous ãnos, hûu bispo viindo da casa santa de Iherusalem en hûa naue, seendo cabo do bordo leendo en hûu liuro, vêo hûa moy grãde onda et lançoo êno mar cõ outros que y andauã; et arredada a naue deles saseenta couedos, et eles aperigoados sobre las agoas do mar, chamarõ Santiago que lles acorrese a moy grã voz. Et Santiago foy logo y, et esteue sobre las ondas cabo deles en gisa que se lle nõ mollauã os pees. Et disolles:
—Meus fillos, nõ ajades medo.
Et entõ tornou ao mar et mãdou que os tornase aa naue aqueles que ende leuara; et chamou os marineiros, deteuerõ a barcha, et a onda do mar, por la ajuda de Santiago, volueos aa barcha os que ende leuara et o bispo cõ seu liuro aberto êna maão et sem dano nîhûu. Et entõ desapareçeulles o benaventurado apostolo. Et o bispo moyto onrrado que Deus et Santiago liurou por lo seu rrogo de tã grã perigoo, fui en rromaria a Galiza onde jaz o seu corpo, et fez aa onrra de[l] esta oraçon:
—O ajutor omnium seculorum, o decus apostollorum, o lus clara galiçianorum, o auocate perigrinorum, Jacobe, suplantatur viciorum solue nostrorum cathenes delitorum e duc a salutum portum. Qui subuienis periglinatibus a te clamantibus tam in mare quan yn terra, sucur[r]e nobis nunc et in periculo mortis. Rrusum rrepletunt dicens: "Duc nos a salutis portum". Quod ipse prestare dignentur Ihesus Christus Dominus nostrus qui com Patre et Spiritu Sancto rreynas in secula seculorum. Amen.
Que quer dizer:
—Ay ajudador de todo o mûdo, onrra dos apostolos, lus clara et noble dos galegos, avogado dos rromeus, señor Santiago, destroydor dos pecados, solta as cadeas das nosas maldades et tragenos a porto de soude. Et amerçeate agora de nos êno p[e]rigo da morte tu que socorres aos que te chamã nos perigos do mar et da terra, amerçeate de nos êno perigoo da morte amê.

Texto medieval GALEGO 3º ESO Crónica Trioana

Depoys que a lyde foy partyda, que foy tã ben lidada, entrarõ todos êna çibdade, et nõ acharõ nj~hû que lles dissesse por ende nada. Mays moços et molheres ýan chorãdo et carpindo et fogíã todos aos têplos por goreçer alý, se podessen. Moytas donas et moytas donzelas et moytas burzesas moy fremosas andauã fogindo perlas cales, assý cõmo mortas. Et outras donas moytas tragíã seus filhos pequenos ênos braços, buscando hu sse asconderíã cõ elhes et hu poderíã goreçer. Nõ coydo que en njnhû lugar foy tã grã doo, nê tã grã coyta, nê por quanto eu entêdo n[õ] creo que nenhû home soubesse retraher este feyto cõmo foy, nê per qual gisa se fezo. Tódalas casas da vila ficarõ desanparadas; mays pero nõ dos de Greçia, que sabede que morarõ y hû mes todo entrego. Et avyan achado êna çibdade moy grãdes thesoyros, de moyto oyro et de moyta prata et moytas pedras preçiosas et moytos caualos et de moytas dõas. ¿Que uos dyrey? Tamanho foy o auer que y acharõ que nõ ha léngoa de home que uoslo cõtar podesse. Et foy levado todo aa rribeyra et metérõno ênas naos. Et depoys que todo esto ouueron feyto, destroýrõ tódaslas fortelezas et os têplos et os muros da vila, et astragarõ tódaslas outras cousas, en tal maneyra et en tal gisa que njhûa cousa nõ ficou que y derrubada nõ fosse. Et fazíã seu prazer ênas molheres da vila, cada hû cõmo se pagaua. Et poys assý ouueron deytada toda a vila, leixárõna destroýda, et leuarõ cõsygo as molleres de que sse pagarõ.