PROGNÓSTICO TEMPO

pronostico del tiempo Cangas

martes, 28 de mayo de 2013

ORACIÓNS REPASO GALEGO 4º.TODAS


ORACIÓNS REPASO GALEGO 4º.TODOS OS TIPOS.

ANALIZA POR ÁRBORE AS SEGUINTES CLÁUSULAS E ORACIÓNS.

1. Marchou para o cine antes de que discutisemos.
2. Comemos na casa ou imos fóra pero decídete axiña.
3. Estivo no Caribe de vacacións  para intentar esquecer o seu fracaso amoroso.
4. Non amosou mellora no comportamento aínda que está indo á psicóloga.
5. Avisoume de que chegaría tarde á reunión.
6. Se non traes ti os Cds, non teremos música ningunha.
7.O can cuxa foto saiu onte na prensa é moi valioso.
8.Fixeron a coreografía como lles ensinara o monitor.
9. Tes que vir cando te mande o médico.
10.Comprou unha moto que corre bastante.
11. Ou fas ti o biscoito ou quedamos sen sobremesa.
12. Estiveron falando de que necesitaba unha malla de ballet.
13.Leu o libro, daquela fuxiu.
14. Ten o valor de dicir que el non foi.
15. Os libros que mercamos no centro comercial estaban defectuosos.
16.Puxo a mochila onde lle apeteceu e logo caeulle.
17.Ti fai o que queiras pero logo non te queixes.
18. Pintou o cadro aínda que non tiña o material na aula. 
19. Se necesitas un coche novo, mércao xa.
 20. Estaba impaciente por saber os resultados de selectividade.


SOLUCIÓNS:

1. CLAÚSULACOMPLEXA QUE DENTRO TEN UNHA  SUBORDINADA ADVERBIAL TEMPORAL(antes de que discutisemos)
2. CONXUNTO ORACIONAL ADVERSATIVO E DENTRO DA PRIMEIRA TEN UN CONX, ORAC. DISXUNTIVO.
3. ORACIÓN BIPOLAR FINAL.
4. ORACIÓN BIPOLAR CONCESIVA.
5. CLÁUSULA COMPLEXA , DENTRO TEN UNHA SUB. SUBST. DE C. RÉXIME(de que chegaría tarde á reunión)
6. ORACIÓN BIPOLAR CONDICIONAL
7. CLÁUSULA COMPLEXA QUE DENTRO TEN UNHA SUBORDINADA ADXECTIVA DE RELATIVO QUE SAE DO MODIFICADOR DA FRASE SUBSTANTIVA QUE HAI NO SUXEITO  (cuxa foto saíu onte na prensa)
8. CLÁUSULA COMPLEXA QUE DENTRO TEN UNHA CLÁUSULA ADVERBIAL MODAL(como lles ensinara o monitor)
9.  CLÁUSULA COMPLEXA QUE DENTRO TEN UNHA CLÁUSULA ADVERBIAL TEMPORAL(cando te mande o médico)
10. CLÁUSULA COMPLEXA QUE DENTRO TEN UNHA CLÁUSULA ADXECTIVA DE RELATIVO(que corre bastante)
11. ORACIÓN COORDINADA DISTRIBUTIVA
12.  CLÁUSULA COMPLEXA QUE DENTRO TEN UNHA CLÁUSULA SUB. SUBST DE COMPL . DE RÉXIME(de que necesitaba unha malla de ballet)
13. ORACIÓN BIPOLAR CONSECUTIVA
14.  CLÁUSULA COMPLEXA QUE DENTRO TEN UNHA CLÁUSULA SUB. SUBST DE C.N (de dicir que el non foi)
15.  CLÁUSULA COMPLEXA QUE DENTRO TEN UNHA CLÁUSULA ADX DE RELATIVO C.N (que mercamos no centro comercial)
16. ORACIÓN COORDINADA COPULATIVA E A 1ª ORACION É COMPLEXA QUE DENTRO TEN UNHA SUBORDINADA ADVERBIAL LOCATIVA(onde lle apeteceu)
17.  ORACIÓN COORDINADA ADVERSATIVA QUE LOGO NA 1ª ORAC. TEN DENTRO UNHA SUB. SUBT. DE CD(o que queiras)
18. ORACIÓN BIPOLAR CONCESIVA
19. ORACIÓN BIPOLAR CONDICIONAL
20.  CLÁUSULA COMPLEXA QUE DENTRO TEN UNHA CLÁUSULA SUB. SUBST DE 
C. ADX (por saber os resultados de selectividade)

lunes, 20 de mayo de 2013

ORACIONES REPASO CAST 4º ESO. TODOS LOS TIPOS MEZCLADOS.


ANALIZA POR ÁRBOL LAS SIGUIENTES ORACIONES .
  1. En la casa que vives, han habitado fantasmas.
  2. No es cierto que has copiado pero lo sospechaban todos.
  3. Ella no protestó para que le subiesen la nota.
  4. Ahórrate los comentarios, ganarás más y serás más prudente.
  5. Aunque llegue a tiempo no podrá realizar la operación.
  6. Estoy cansada de que te portes así.
  7. El examen fue más facil que lo que esperábamos.
  8. Ha realizado el plan como le había ordenado su jefe.
  9. Necesitamos una ayuda precisa o nos saldrá todo mal.
  10. Ella es la chica cuyo apartamento se ha inundado ayer.
  11. No me acostumbraré jamás a obtener malas calificaciones.
  12. La admitieron en el instituto a pesar de que no cumple los requisitos.
  13. Me siento muy cerca de mejorar mis marcas personales.
  14. Nos lo han traido ya, es decir, podremos utilizarlo cuando quieras.
  15. Me lo prestó a condición de que se lo devolviese en dos horas.
  16. Te apetece comer o te preparo un café, decídete ya.
  17. Cuando llegue el repartidor hazle pasar a la cocina.
  18. Había tanto ruido que no se podía escuchar al profesor.
  19. Tuvo la ocasión de decírselo todo a la cara.
  20. Si decides escoger esa opción, avísame.
  21. No me dijo que vendría con toda su familia.
  22. Sintió deseos de vomitar en la clase.

    SOLUCIONARIO

    1. Oración compuesta( or. sub. adjetiva de relativo CN)
    2. Conjunto oracional por coordinación adversativa (la oración  1 tiene dentro una Sub Sust. De SUJ : que has copiado)
    3. Conjunto oracional por subordinación final 
    4. Conjunto oracional por yuxtaposición(dentro  de la orac. 2 hay otro conjunto orac. por coordinación copulativa) 
    5. Conj. Oracional por subordinación concesiva
    6. Oración Compuesta(orac. sub. sust. de C. Adjetivo)
    7. Conj. Oracional por subordinación comparativa
    8. Oración compuesta(Or. Sub. Adverbial modal)
    9. Conj. Oracional por coord disyuntiva
    10. Oración compuesta(or sub adj de relativo)
    11. Oración compuesta (Orac. sub. sust. de C. Régimen)
    12.    Conj. Oracional por subordinación concesiva
    13. Oración compuesta(Or. Sub. Sust. de C. Adverbio)
    14.  Conj. Oracional por coordinación explicativa (en la oración 2 hay dentro una Or. sub adverbial temporal: cuando quieras)
    15. Conj. Oracional por subordinación condicional.
    16. Conj. Oracional por coordinación yuxtapuesta y en la oración 1 tiene dentro otro Conj. Oracional porcoordinación disyuntiva.
    17. Oración compuesta (Or. sub. adverbial temporal)
    18.  Conj. Oracional por subordinación consecutiva
    19. Oración compuesta (Orac. Sub. sust. de CN)
    20. Conj. Oracional por subordinación condicional.
    21. Oración compuesta (Or. sub. sust de CD)
    22. Oración compuesta (Or. sub. sust de CN)

miércoles, 8 de mayo de 2013

FONÉTICA : VOGAIS, CONSOANTES E SEMIVOGAIS.

1. VOGAIS:

  vogal anterior alta (pechada)

 e  vogal anterior media-alta (media-pechada)

 ɛ  vogal anterior media-baixa (media-aberta)

 a  vogal central baixa

 ɔ  vogal posterior media-baixa (media-aberta) arredondada 

 o  vogal posterior media-alta (media-pechada) arredondada

 u  vogal posterior alta (pechada) arredondada

 2. CONSOANTES: 

p consoante oclusiva bilabial xor da LETRA: p

 b consoante oclusiva bilabial sonora LETRAS: v,b

 t consoante oclusiva dental xorda LETRA: t 

d consoante oclusiva dental sonora .LETRA: d

k cons. oclusiva velar xorda.LETRAS: c(a,o,u),qu,k

 ɡ consoante oclusiva sonora.LETRA: g

 t͡ʃ consoante africada postalveolar LETRA: ch

f consoante fricativa labiodental xordaLETRA: f

 θ consoante fricativa interdental xordaLETRA: z,c(e,i)

 s consoante fricativa apicoalveolar xordaLETRA: s (e seseo

ʃ consoante fricativa lámino-postalveolar xordaLETRA: x

 ħ consoante fricativa farínxea xordaLETRA: gh(gheada)

 m consoante nasal bilababial LETRA: m

n consoante nasal alveolarLETRA: n

 ɲ consoante nasal palatal LETRA: ñ

ŋ consoante nasal velar LETRA: nh, n(seguida de g,k),-n

r cons. rótica vibrante múltipleLETRA: r- , rr,r(precedida de n)

 ɾ consoante rótica batida simpleLETRA: -r

l aproximante lateral alveolar LETRA: l

ʎ aproximante lateral palatal LETRA: ll .

3. SEMIVOGAIS

j aproximante semivogal palatal: CANDO O I APARECE EN DITONGOS

w aproximante semivogal labiovelar: CANDO O U APARECE EN DITONGOS

domingo, 5 de mayo de 2013

Texto 2 Carlos Casares


O XOGO DA GUERRA 1
Botaron a sortes e tocoume a min. Eu penso que fixeron trampa, pero calei. Díxome o Rata:
"Vai". Eu non quería ir, digo a verdade. Pero cando o Rata dicía vai, había que ir. O Rata
estaba tolo, segundo a miña nai. Pero eu penso que non estaba tolo, que era atravesado e de
mala lei. "Vai", dixo outra vez. E fun. A casa de don Domingo quedaba lonxe. Algo así como a
dous quilómetros. Tiven que dar un rodeo para non pasar por diante da zapatería do meu pai.
Pensei:"escapo para a casa e xa está". Pero collín medo. Ademais ía calor e na casa no verán non se para coas moscas.
Cheguei ao chalé de don Domingo e berrei:
-¡Zalo...!
Ladraron os cans. Agardei un pouco e volvín chamar:
-¡Zalo..!
Cando apareceu, de seguida me dei conta de que viña de durmir a sesta. Díxome: "¿Que pasa!? Eu díxenlle: "O Rata agárdate no río. Cazou unha bolboreta moi bonita. Di que vaias, que cha dá para a coleción". O Zalo era tolo polas bolboretas. E o Rata, que mamalón, cómo lle sabía dar co gusto á xente.
-¿Onde está o Rata?
-No campo da Bomba.
Saímos correndo. Cando chegamos, o Rata estaba bañándose no río. Ao nos ver, saíu.
Mirou ao Zalo con cara de atravesado e díxolle:
"Hola, "¿Queres a bolboreta?". O Zalo volveuse cara a min como preguntando. A verdade, eu
non quería. O Rata asubiou e entre todos botáronse ao Zalo. Espírono e atárono a un amieiro. O Zalo choraba e a min déronme ganas de chorar. Eso non se lle fai a ninguén e menos a traición. O Rata chuspiulle alí, naquel sitio, e chamoulle caguetas. "Non se chora", dixo.
Despois colleu un vimbio e pasoullo polas pernas o pola barriga sen lle dar. Botamos a sortes e tocoume a min. Quixen fuxir ou tirarme ao río, pero o Rata miroume así, como mira el, e collín o vimbio. "Veña"- Díxenlle que non. "Mira, Rafael, que te imos atar a ti". "Non", "Mira Rafael, que non me enchas". "Mira Rafael..." Pola voz souben que me ía dicir o da miña nai.
Agarrei o vimbio e funme cara ó Zalo. Eu non quería, ben o sabe Deus. E deille no pescozo.
Os outros berraron: "¡Máis!" E eu non vía. E daba. E sentía o sol dentro da cabeza e os chíidos do Zalo, que se me espetaban nos ouvidos. E daba. "¡Máis!" Doíame o brazo de tanto subir e baixar. "¡Máis!" Cando mirei para o Zalo gañei medo. Sangraba por todas partes e comíano as moscas. Estaba como morto. Non
falaba. O Rata e os outros fuxiron. Eu tamén fuxín. Eu non quería, digo a verdade. Díxenllo a aquel señor, pero non me fixeron caso. Tamén lle dixen que fora por sortes, que me tocara a min. Pero non me escoitou. Faloume do inferno e entón calei.

Texto de Carlos Casares 2(GAL 4º ESO)


O xogo da guerra 2

Agora estou neste colexio desde hai un ano. É primavera e non podo saír. Se cadra déixanme marchar en xullo, pero aínda non o sei. Onte leváronme á sala de castigos. Din que no recreo non pode andar un só paseando polo patio, que hai que xogar. Tampouco se pode andar de dous en dous. A nai que os pariu a todos!. Eu quero andar só. A min non me gusta xogar ao fútbol nin ao frontón nin ao baloncesto. Gústame xogar no lavabo. Tampouco se pode, porque está tamén prohibido. Pero polas noites, cando todos dormen, levántome e vou aos lavabos e xogo á guerra. Durante o día collo moscas, arríncolles as ás e gárdoas nunha caixa de mistos. Pola noite meto as moscas na pileta e abro a billa, pouquiño a pouco, moi devagariño. As moscas soben, foxen pola pileta arriba, pero eu empúxoas para abaixo cunha palliña e afóganse. É a guerra. Afóganse aos poucos. Un día cazáronme e leváronme á sala de castigos. Chamáronme marrán por andar tocando as moscas. E que? Se non fose pola guerra, podrecíame de noxo. Durante o inverno, como non había moscas, xogaba con anacos de papel, pero non é tan bonito.
En xullo din que saio. O  Rata, se cadra, pensa que me esquecín. Seguro que pensa que seguimos sendo amigos. Entón voulle a dicir: «Vés ao río?»El vén, que lle gusta moito. E despois pregúntolle: «Xogamos aos submarinos?». El xoga, que lle gusta moito xogar aos submarinos. Primeiro paso eu. Paso dous ou tres veces. Despois que pase el. Abro ben as pernas e o pasa polo medio, debaixo da auga. E así dous ou tres veces. E entón, ala, cando pase, pecho as pernas e queda  enganchado polo pescozo. Aos poucos, devagariño, como as moscas da pileta.

Características da Nova Narrativa Galega(LIT ESP. 4º ESO)


CARACTERÍSTICAS DA NOVA NARRATIVA GALEGA(algunhas moi presentes na obra de Carlos Casares)
As prosa da nova narrativa galega supón unha innovación nas formas narrativas, a introdución de modelos culturais estranxeiros e unha ruptura da concepción tradicional da novela. As súas influencias estarán en William FaulknerFranz KafkaJames Joyce, no existencialismo francés de Jean-Paul Sartre ou Albert Camus e, moi especialmente, no nouveau roman; movemento do que toma o título. "Nouveau roman" tradúcese por nova novela, isto é, nova narrativa.
En liñas xerais, as novelas da nova narrativa galega defínense por:
  • Romper a liñalidade espazo-temporal en favor de localizacións urbanas imprecisas e, case sempre, asfixiantes.
  • Presentar personaxes con problemas patolóxicos que adoitan encontrarse en situacións marxinais ou límite.
  • Empregar no interior dun mesmo relato, ao xeito do nouveau roman, a perspectiva múltiple mediante o uso de distintos narradores que tenden a expresarse a través do monólogo interior.
  • Servirse do obxectalismo; técnica popularizada polo nouveau roman que consiste na descrición minuciosa e descontextualizada das cousas que o narrador ten ao seu alcance, provocando, de novo, sensacións de asfixia e estrañamento xa aludidas.
  • Incidir en temas relativos ao absurdo, ao sentido da vida, á angustia ou á soidade inherente ao individuo.

Ademais de todas estas características comúns aos autores da Nova Narrativa, Carlos Casares vaise diferenciar polo seu realismo, ás veces dun xeito moi cruel e duro.