PROGNÓSTICO TEMPO

pronostico del tiempo Cangas

domingo, 14 de diciembre de 2014

ANUNCIOS BREVES. CREADE UN RELATO A PARTIR DELES.

Rusa nativa, licenciada en filoloxía hispánica, con moita 
experiencia, ofrece servizos de tradución e interpretación 
simultánea e consecutiva en: medicina, farmacéutica, estética,
 xurisprudencia, finanzas, construción,inmobiliaria, publicidade,
 pedagoxía, matemáticas, física, mecánica, química,aviación, etc.  
 
 
 Chófer español con 56 anos. Carnés. B, B+E, C1, C1+E, 
C, C+E, 26 anos de experiencia con trailer tautliner, góndolas,
 plataformas, cisternas, frigoríficos, CAP. BTP, ADR,gasóleos, 
explosivos, dominio do idioma francés en grao nativo. 
Cartón dixital.Excelentes informes de empresas anteriores. 
Condutor mecánico.  
 
 
 Son unha persoa traballadora, con varios anos de experiencia
 en hostalaría,mesmo con anterior negocio propio. Agora busco 
traballo de xornada completa ou media xornada con contrato 
en Torremolinos. 
Falo algo de inglés e francés. Son nativo español. 
Persoa entusiasta e riseira, á vez que serio e responsable. 
De bo trato.  
 
 
 
 Ofrezo os meus servizos de: limpeza: -do fogar, oficinas, 
comercios e/ou atención e coidado: de mascotas, nenos, 
persoas discapacitadas, ingresadas ou maiores, en réxime 
de Interno ou por Horas. Excelentes Referencias, 
nacionalidade brasileira e española, idiomas:  español e 
portugués nativo , coche propio, dispoñibilidade imediata.  
 
 
 
 Economista, experiencia en pemes e empresas familiares. 
Mais de 20 anos deexperiencia publicidade/mercadotecnia/
loxística/asesoría/ Comercio. 
15 anos como xefe de administracion/contabilidade/ desenvolvendo
 entre outras funcións: facturacion, ciclo contable completo, 
tesoreria, banca electrónica, xestión de subvencións, conciliacións,
 Ctas. anuais. Software utilizado: contawin, contaplus, 
facturaplus, erp wingest, erp Abcware, Excell,
 Outlook, Word... 
Busca emprego a tempo completo ou parcial Non comercial 

 
 
Realízanse contabilidades, presentación de impostos, IVE, 
IRPF, contas anuais, o que nos solicites a un mellor prezo do 
que esteas pagando. 

 
 
Servimos a particulares e a almacéns de distribucion, a granel
ou en sacasde metroymediocubico. Atendemos wasap. 

 
 
Vendo conxunto sofá e 2 butacas en perfecto estado. 

jueves, 20 de noviembre de 2014

TEXTO CASTELAO 2

PEITO DE LOBO
1Aínda eu era estudante cando se criou no meu maxín a idea de facer un cabezudo, e, como na mocedade todo semella ledo e facedeiro, busquei o tipo máis laído da vila para que tódolos veciños escachasen de risa, sen facerme cargo da miña falla de caridade.
Traballei de firme para remata-la obra, que xa era sonada polo meu creto de mañoso, e xa figuraba en 5letras de molde no programa de festas.
E chegou o día. Na praza non collía unha agulla. No adro da eirexa un rapaz toco portaba un feixe de foguetes debaixo do brazo, e o fogueteiro soplaba na mecha, agardando a primeira badalada das doce.
De súpeto tanxeron os sinos, estalaron os foguetes e unha «ben afinada banda» rompeu a tocar. A cousa xa non tiña remedio. Saíu o meu cabezudo e no mesmo intre a xente escachou a rir, como facía 10 nas comedias dos titiriteiros.
 ¡É Peito de Lobo! ¡É Peito de Lobo!
I entón nun curruncho da praza xurdiron chíos firentes de mulleres que non daban atafegado un orneo que chegou a min coma un tremer de terra. Era Peito de Lobo que quería esnaquizarnos: ó cabezudo e mais a min.
15Co medo que papei non puden gorenta-lo carneiro da festa. A cousa non era para menos. Peito de Lobo nunca quixo poñerlle man ós fillos por medo de romperlle os ósos, e contan que unha vez, querendo botar un barco ó mar, afundeulle o costal co lombo. Era moito home para min, que xa me sentía desfrangullado nas súas poutas de ferro.
No remate da comida, e cando miña nai comezaba a dar gracias a Deus por tanto ben como nos dera, 20velaí aparece diante de min a muller de Peito de Lobo.
— Pois… eu véñolle decir que se garde do meu home! Vostede é o pecado, señor! Eu xa lle perguntei: «Pero ti, home, ¿onde te puxeches para que che tirase tan ben?» E o probe non fai máis que decir: «As espullas heillas dar eu a el!» Porque, mire, señor, o que máis o maguou foi que lle imitase as espullas do nariz.
25 Aquela tarde limpei de espullas o nariz do cabezudo. Peito de Lobo, preso na casa pola súa muller e polo medo de matar a un home, acochouse cediño, ollando dende o leito como os foguetes de luces tinguían de prata, ouro, verde e rosa, as paredes encaleadas, escoitando o son esviado da música e o estourar dos fogos. E canso de bulir no leito quedouse coma un santo.
Pasaron meses e un bo día atopeime con Peito de Lobo no peirán da ribeira. En canto puxo ollos en min 30virouse de costas e chantou a mirada no mar. E xuzgando que xa non quería comerme os angumiños, arrisqueime a falarlle. E dispois dunha leria raposeira quedamos amigos.
No segundo ano Peito de Lobo apañou tal carpanta de anís escarchado que bailou co cabezudo na praza, e dáballe bicos e apertas, e chamáballe «meu irmanciño».
No terceiro ano saíu o cabezudo con espullas no nariz, cousa que fixen por mandado do mesmo Peito 35de Lobo.
Dende entón o meu amigo considerouse un pouco inmortalizado.
Fuxiron os anos e fuxiron as sardiñas para os xeiteiros. Peito de Lobo envelleceu de tempo e de fame. As festas viñeron a menos, como os quiñóns dos mariñeiros; mais o cabezudo aínda saía, un pouco destragado polos tratos ruíns que lle daba o sancristán.
40Fai dous anos estaba un forasteiro ollando o cabezudo, con ese ollar dos que van ás festas e non se divirten, cando Peito de Lobo achegouse a el, paseniñamente, e dándolle co cóbado deitou quediño na súa orella:
— Fíxese no cabezudo e repare en min. O cabezudo son eu.
Coma se nascese destiñado a ser unha cabeza grande de cartón, Peito de Lobo ollaba no cabezudo a súa 45forteza pasada, a súa esvaída popularidade.
O cabezudo non volveu a saír. O sancristán puxo enriba da cabeza de cartón o tumbo dos difuntos, e coa humidade do inverno aplacouse e quedou esmagada. Peito de Lobo tampouco volveu a saír. Un «aire de felesía» deixouno tolleito, e cómpre decirvos que lle dou o mal no mesmo intre en que o cabezudo foi vencido polo tumbo…
50O ano derradeiro pasei diante da casa de Peito de lobo. ¡Que tristura me dou! Estaba no balcón, sentado, semellante a un monifate de farrapos, encostado no corpo vivo da súa compañeira. De pasada saudeino con agarimo. Peito de Lobo miroume con ollos de peixe podre, e a súa muller díxome con bágoas nos ollos:
— ¡Alá se foi o cabezudo, señor!

martes, 4 de noviembre de 2014

VIDEO PUBLICITARIO GAL 1º ESO

VIDEO PUBLICITARIO PARA COMENTAR AS TRES LINGUAXES

VIDEO PUBLICITARIO 1º ESO GALEGO




COMENTA AS TRES LINGUAXES DESTE ANUNCIO

ANUNCIO PUBLICITARIO GALEGO 1º ESO

COMENTA AS TRES LINGUAXES PUBLICITARIAS DESTE ANUNCIO


TEXTO NARRATIVO PARA COMENTAR DE TOLSTOY

COMENTARIO DE TEXTO NARRATIVO 2º ESO 
Na ribeira do Oka, vivían felices numerosos labregos. A terra non era fértil mais, labrada con constancia, producía o necesario para vivir con folgura e aínda daba para gardar algo de reserva.
Iván, un dos labradores, estivo unha vez na feira de Tula e comprou unha fermosísima parella de cans para que coidasen da súa casa. Ao pouco tempo, os animaliños fixéronse coñecidos por todos os campos da veiga do Oka polas súas continuas escapadas, nas que causaban estragos nos campos cultivados,desfacendo as plantacións e tripando as leiras. Tampouco as ovellas e os xatos acostumaban saír ben parados, vivían con medo.
Nicolai, veciño de Iván, na primeira feira de Tula comprou outra parella de cans para que defendesen a súa casa, os seus campos e as súas terras.
Mais ao tempo que cada labrego – para estar mellor defendido – aumentaba o número de cans, estes tornábanse máis esixentes. Xa non se contentaban cos ósos e demais sobras da casa, senón que había que lles reservar os mellores anacos das matanzas e houbo lles que construír recintos cubertos e adicar máis tempo ao seu coidado.
Ao principio, os novos gardiáns rifaron cos antigos, mais rapidamente se fixeron amigos e os catro realizaron xuntos as desfeitas.
Cando viron aumentar o perigo, os outros veciños compraron tamén cans, e así, ao cabo de poucos anos, cada labrador era dono dun fato de 10 ou 15 cans. Mal escurecía, co máis leve ruído, os animais corrían furiosos e armaban tal escándalo que parecía que un exército de bandidos fose asaltar a casa. Os amos, asustados, pechaban ben as súas portas e dicían:
-Meu Deus! Que sería de nós sen estes valentes cans que abnegadamente defenden as nosas casas?
Entre tanto, a miseria apoderárase da aldea; as crianzas, cubertos de farrapos, palidecían de frío e de fame, e os homes, por máis que traballaban da mañá á noite, non conseguían arrancar do chan o sustento necesario para a súa familia.
Un día, laiábanse da súa sorte diante do home máis vello e sabio do lugar, e como lle botaban a culpa ao ceo, o ancián díxolles:
- Vosa é a culpa. Lamentádevos de que na vosa casa falta o pan para os vosos fillos, que languidecen delgados e descoloridos, e vexo que todos mantendes ducias de cans gordos e lustrosos.
- Son os defensores dos nosos fogares – exclamaron os labradores.
- Os defensores? De quen vos defenden?
- Señor, se non fose por eles, os cans estraños acabarían cos nosos gandos e mesmo con nós mesmos.
- Cegos, cegos! – respondeu o ancián – Non comprendedes que os cans vos defenden a cada un de vós dos cans dos demais e que, se ninguén tivese cans, non precisariades de defensores que se comen todo o pan que debería alimentar ós vosos fillos? Suprimide os animais e a paz e a abundancia volverán aos vosos fogares.

E seguindo o consello do ancián, desfixéronse dos seus defensores e, un ano máis tarde, os seus celeiros e despensas non bastaban para conter as provisións e no rostro de seus fillos sorría a saúde e a prosperidade.

Lev Nikolayevich Tolstoy

1) TEMA. ESTRUTURA: BREVE RESUMO.ANALEPSES,PROLEPSES(Exemplos). TIPO DE FINAL(por que?)
2) NARRADOR. TIPO.POR QUE?.EXEMPLOS.
3)MARCO: espazo(microespazos),tempo(interno,externo)
4)PERSONAXES. TIPOS. 

miércoles, 1 de octubre de 2014

Fragmento canción del pirata

Allá muevan feroz guerra               35
ciegos reyes
por un palmo más de tierra;
que yo tengo aquí por mío
cuanto abarca el mar bravío,
a quien nadie impuso leyes.              40

Y no hay playa,
sea cualquiera,
ni bandera
de  esplendor,
que no sienta                            45
mi derecho
y dé pecho
a mi valor.

Que es mi barco mi tesoro,
que es mi dios la libertad,            50
mi ley, la fuerza y el viento,
mi única patria, la mar.

A la voz de «¡barco viene!»
es de ver
cómo vira y se previene                  55
a todo trapo a escapar;
que yo soy el rey del mar,
y mi furia es de temer.

En las presas
yo divido
lo cogido                                60
por igual;
sólo quiero
por riqueza
la belleza
sin rival.                               65

Que es mi barco mi tesoro,
que es mi dios la libertad,
mi ley, la fuerza y el viento,
mi única patria, la mar. 
 
¡Sentenciado estoy a muerte!           70
Yo me río;
no me abandone la suerte,
y al mismo que me condena,
colgaré de alguna entena,
quizá en su propio navío.                75 
 
 Y si caigo,
¿qué es la vida?
Por perdida
ya la di,
cuando el yugo                           80
del esclavo,
como un bravo,
sacudí.

Que es mi barco mi tesoro,
que es mi dios la libertad,              85
mi ley, la fuerza y el viento,
mi única patria, la mar. 
 
Son mi música mejor 
aquilones,
el estrépito y temblor                   90
de los cables sacudidos,
del negro mar los bramidos
y el rugir de mis cañones. 
 
Y del trueno
al son violento,                         95
y del viento
al rebramar,
yo me duermo
sosegado,
arrullado                                100
por el mar.

   
Que es mi barco mi tesoro,
que es mi dios la libertad,
mi ley, la fuerza y el viento,
mi única patria, la mar.»                105

miércoles, 14 de mayo de 2014

OUTRO VIDEO DE XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

http://youtu.be/VeFz5H_1sUo
No vídeo cando din "Vilariño dos gregos " Debería dicir dos "Cregos"

Video da vida de Díaz castro

http://youtu.be/yZZDKlwwB1Q

Poemas de Díaz Castro.Letras galegas 2014.

POEMAS DE DIAZ CASTRO
A noite é...


Hai homes cheos de sombra,
homes a contralús
que che fan ver a Deus
coma unha mar de lus.

A Noite é necesaria
pra que ti poidas ver
sobre o medo e o mal
as estrelas arder


Ai capitán.


¡Chorar, chorar, mentres o barco rompe
contra o solpor, na noite!
A túa pipa non verán meus ollos
fomegar máis;
nin o teu riso, para sempre inmenso
 abrente na mar.
Lume che din, cinza me queda. ¿Cinza,
capitán!
Soia a sirea do teu barco
toda a eternidá.
Fume nos ollos, area fría
nas miñas maus.
E en boca que perdín, a longa pipa
fumando a miña vida, capitán.
¿Chorar, chorar,
como sempre choraron as mulleres,
ai capitán, con barcos ou sen eles!






Coma unha escada


Lémbrome ben do vento que cantara
no fío da túa morte, meu amigo,
dos doces días que arrastrou o vento,
da derradeira pomba da esperanza.

Sobor da escuma dos recordos fría
navega un nome cara a min, sen nada,
o eco dunhas zocas afogándose
no veludo sen fin da eternidade,
a sombra longa dunhas maus, xa cougas
na lus da tarde, feita monumento.

Tódalas cousas morren esta tarde
con longuísimas sombras, baixo a muda
roda sen dó. Pro ti, ¿pra que estás morto?
Antre a esfera onde estás e as miña sombra
unha oración que no esperabas  tira
unha canle de lus coma unha escada.

Desfaise o tempo, faise a lus, e case,
case baixar te vexo pola escada
de lus pra acabar xuntos esta historia
que, por un erro, interrompeu a morte


Esmeralada


Herba perquerrechiña
que con medo sorrís
ó sol que vai nacendo
e morrendo sen ti,
¿ por que de ser pequena
te me avergonzas ti?

¡O Universo sería
máis pequeno sen ti?.


Nimbos
Se é que o poema é só un nimbo de lus
que os ollos cegos póñenlles ás cousas
soñadas, ou amadas nas teebras,


das cousas que xa foron e se foron
pro siguen sendo e non se van xa máis,
das sombras que, xogando cos meus ollos,
na  miña vida en lume se enxeriron,

eu deixo eiquí os nimbos, coma cinza
de rosas que onte encheron de perfume
o mundo, morto xove, dalgún soño.

Coma un río quixera eu ser:
Cantar con estrelas no lombo cara ó mar,
deixando unha chorima en cada pedra,
e unha bágoa de Deus en cada herba.

Hai unha cousa clara coma o sol:
prós nosos ollos no está feita a lus
do mundo, ó abrente frío que se abreu
cando abrimos os ollos sobre o mundo.

E eu coma a néboa sobre os outros montes
que lles cobre a ferez  e mailas bágoas;
e eu coma a estrela que entra polo oco
do lousado do pobre na agonía.

Hai unha cousa clara coma a lus:
que no é para nós a música do mundo
a promesa raiante da hora enorme
en que se dixo: ¡ outro home veu ó mundo!

E eu como un fondo río de recendos,
de voces e de luces: coma o aire,
que beixa todo e non se apousa en nada
máis que no sangue, na raíz do sangue…














Penélope
Un paso adiante e outro atrás, Galiza,
 e a tea dos teus soños non se move.
A espranza nos teus ollos se espreguiza.
Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos
che estrolla o sono mol coma unha uva.
Pro ti envólveste en sabas de mil anos,
e en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día
 a xente que levaron. Deus é o mesmo.
Suco vai, suco vén, ¡ Xesús María!,
e toda cousa ha de pagar seu desmo.


Desorballando os prados como sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
¡ Un paso adiante e outro atrás, Galiza!








O verme e a estrela
Esta sede infinita de pureza
ausoluta, esta sede de xustiza
que nos queima, esta sede de beleza…
baixo as alas de pedra da preguiza
e a paga do pecado en cada esquina
e a herbiña sobre a foia e a ruína…


¡ Esta sede de lus, mentres o vento
da norte zúa darredor das cousas
que están no noso corazón, cincento
sopro que arrinca os días, queima as chousas
 máis íntimas, e várreas coma a ágoa…!

A lus do mundo é a que arde nunha bágoa.

















Monumento á ausencia
¡Lus,
ceo rachado, lus!
Inda vexo a lus,
E despois os galos,
e despois os homes,
e despois todo val, ¡cáliz fervendo!

Naquela mañá feita para os ollos
de Deus, pra sempre froleceu a pudia,
cantaron as lavercas para sempre.
E eu perdinme antre os trigos ben perdido,
coas espigas por riba da cabeza,
no carreiro longuísimo dos adeuses...

Adeus ó amigo que non tiven tempo
de me engañar, pra sempre xa querido.
Adeus á nena de ollos coma pregos
que será nena dentro de mil anos.
Adeus ás portas, xa pra sempre fieles;
adeus ós montes, todos urizados
de estrelas de ouro vivo para sempre;
 adeus ás pedras, coma rosas xa;
adeus ás maus, quentiñas para sempre.






Noite no mundo
¡ Noite do mundo, oco
de estrela arrincada,
onte teimo verte
de repente arder
sobre a miña vida
case consumida
na ourela da nada


Ai ter teu alento
no meu rostro ó fin,
e eu diante os teus ollos
derrubarme en lus,
esvaerme no aire
que ti vas beber,
ser o teu rastro, ser
 o teu eco perdido
e, case, non ser.



martes, 29 de abril de 2014

LITERATURA GALEGA 4º ESO

Cando quero vivir 
digo Moraima.
Digo Moraima
cando semento a espranza.
Digo Moraima
e ponse azul a alba.

Cando quero soñar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a noite é pechada.
Digo Moraima
e ponse a luz en marcha.

Cando quero chorar
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a anguria me abafa.
Digo Moraima
e ponse a mar en calma.

Cando quero surrir
digo Moraima.
Digo Moraima
cando a mañá é crara.
Digo Moraima
e ponse a tarde mansa.

Cando quero morrer
non digo nada.
E mátame o silencio
de non decir Moraima.