PROGNÓSTICO TEMPO

pronostico del tiempo Cangas

viernes, 9 de junio de 2017

ANÁLISE DE TIPOS ESTROFAS

ANALIZA OS SEGUINTES POEMAS : nº sílabas, rima, arte e tipo de estrofa.

1.
Si cantas es ti que cantas
se choran es ti que choras
is es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.


2.
Como bica o nordés a neve fría,
deixando nas folerpas  súa pegada,
así quero bicar sobre a nevada,
os teus labios enchidos de alegría.

3.
E porque é tan lugués, e porque o pide
teu xeito agreste, porque ben lies prace
ós verdes do Vilar de Lamonide
i ó hostil acivro que ond'a murta nace.

4.
Arrimeime a un pino verde,
contando estar acollido
menos da choiva do ceo
que do meu propio feitizo.

5.
Fomos xa ficando sós
o mar o barco e máis nós

6.
Xa non pidas palabras . No profundo
de min déixame estar, deitado e quedo,
deitado como un can ollando o mundo

ollando, mentres ti, sobre os restrollos
dos meus versos amargos, ves o acedo
penar e irte perdendo dos meus ollos.

7.
Miñas donas e señores,
nenos, vellos e medianos,
esta historia verdadeira
xa comeza cos romanos.
Era unha vez unha terra
que Gallaecia era chamada
onde había moitas tribos
nunha idade antepasada.

8.
O fel de ter que vivir
entre badulaques tantos,
fixo nacer estes cantos
de escarnio e de maldicir.

9.
Desorballando os prados coma  sono,
o tempo vai de Parga a Pastoriza.
vais enterrando, suco a suco, o outono.
un paso adiante e  outro atrás Galiza.

10.

Cando esperare é ser onda de río
que corre, e bule, e vai, e pasa e ruxe,
e, de pedriña en pedra, á tentas fuxe
e se desvive, ó cabo, fío á fío.

Cando esperare é ser, nun travesío,
roda vella que xa come a ferruxe,
sen treitoira nin eixe que a arrenpuxe,
ó vento, ó sol, á chuva, á neve, o frio.

Cando esperare é ser són de goteira
nunha casa sin lume, desgonzada,
e herbas tristes salindo da fumeira.

Cando esperare é ser aire queimada,
ala que se quebróu, terra valeira,
muíño que non moi, agua pasada...























SOLUCIONARIO

1. COPLA :8-8a 8-8a Versos octosílabos , arte menor, rima asonante e libre.
2. CUARTETO: 11A11B11B11A. Versos hendecasílabos, arte maior, rima consoante.
3.SIRVENTÉS: 11A11B11A11B. Versos hendecasílabos, arte maior, rima consoante.
4. ROMANCE: 8-8a 8-8a.Versos octosílabos , arte menor, rima asonante e libre.(diferénciase da copla que a copla é temática popular xeralmente e son series de catro,  o romance indeterminada)
5. PAREADO: 8a 8a. Versos octosílabos, arte menor, rima consoante.
6. TERCETOS: 11A11B11A   11C11B11C. Versos hendecasílabos, arte maior, rima consoante.
7. ROMANCE:Versos octosílabos , arte menos, rima asonante e libre.(diferénciase da copla que a copla é temática popular xeralmente e son series de catro, o romance indeterminada)
8. REDONDILLA: 7+1=8 a,8b, 8b, 7+1=8a. Versos octosílabos, arte menor, rima consoante.
9. SIRVENTÉS: 11A11B11A11B. Versos hendecasílabos, arte maior, rima consoante.
10. SONETO: dous cuartetos e dous tercetos. 11A11B11B11A   11A11B11B11A   11C 11D 11C   11D 11C 11D. Versos hendecasílabos, arte maior, rima consoante.